THE WILD CINEMA

THE WILD CINEMA

The Wild Cinema presenta unha seleción de filmes nos que as protagonistas serán a natureza, a aventura e a sustentabilidade. Proxectados nun entorno natural, coas estrelas como teito e as árbores coma compañeiras de butaca. Unha velada cinematográfica diferente, en comunidade, ao aire libre e con todas as vantaxes dun festival total coma The Wild.


Unha escolma de traballos audiovisuais nos que gozaremos da beleza e da forza do noso planeta, con especial foco no ser humano, o seu habitante co comportamento máis particular.


Apadriñados polo director de “Primavera do Cine” e  “Galician Freaky Film Festival”, compracenos presentarvos este festival de Cine na Natureza.



“Unha boa película e coma un bo viño; dura un instante e deixache na boca un sabor a gloria; é novo en cada sorbo e, como ocorre cos bos bos viños, nace e renace en cada saboreador”

Federico Fellini

THE WILD CINEMA exhibirá pezas de enorme riqueza visual tomando como referencia certames cinematográficos como o Wild & Scenic Film Festival BANFF, Bilbao Mendi Film Festival, FICMA ou o Wilscreen coa intención tamén de abrir mentes e xerar conciencias. Estes filmes serán o espello no que poderemos recoñecernos tal como somos, responsables, osados, comprometidos e xenerosos pero tamén contaminantes, consumistas e egocénticos. Non podemos esquecer que este planeta no é soamente noso, e valores como a cultura a solidariedade e a empatía deben estar en alza!

Esta mostra está construída por Juan de Castro, vén profesionalmente do eido da enxeñería e a arquitectura, mais no último lustro concentra todas as súas enerxías na xestión cultural, como Experto Universitario en Xestión Cultural pola USC, e na produción de proxectos cinematográficos e eventos culturais. É presidente de Reencanto Producións, entidade organizadora da Mostra do Posible, o Festival Primavera do Cine e do Galician Freaky Film Festival, sendo o director destes dous últimos. Foi convidado como xurado e programador en festivais de cinema en España e Portugal.

O NOSO PROGRAMA

As sesions de THE WILD CINEMA mais cineastas xamais vistas. VENRES 28 a partir das 20:00
1er pase
20:00
CHASING THE THUNDER
96 min.
2º pase
22:00
O QUE MEDRAPOR DENTRO
17 min.
VIACRUXIS
11 min.
EOS
25 min.
M6THS
12 min.
KILIAN
14 min.
ONE BREATH AROUND THE WORLD
13 min.

CHASING THE THUNDER

Documental ambientado na alta mar sobre a persecución dun barco de pesca ilegal: o Thunder. A organización activista Sea Shepherd —ao mando do Capitán Peter e do Capitán Sid— perseguiu ao Thunder durante 16.000 km a través de icebergs antárticos e tormentas austrais, pasando polo océano Índico e polas augas de África Oriental e do Atlántico Meridional. As tripulacións do Sea Shepherd fustrigaron durante máis de tres meses e por todos os océanos, ao barco de pesca furtiva máis famoso do mundo.



Director: Mark Benjamin, Marc Levin

Duración: 96 min

Ano: 2018

O QUE MEDRA POR DENTRO

Cris, un ecoloxista medioambiental que loita por repoboar o bosque, atópase cos indicios dun incendio forestal claramente intencionado a piques de estalar. Tras evitalo, descobre ao responsable disto tratando de arranxar ese anterior intento errado. Cris fará o posible por impedilo de novo.



Director: Nacho Ozores

Duración: 17 min

Ano: 2019

VIACRUXIS

Marcel e Andrezj son unha lexendaria parella de montañeiros que acadaron as maiores fazañas a pesar dos seus temperamentos tan diferentes. Agora enfrontaranse ao reto máis difícil, e a convivencia entre ambos será cada vez máis complicada.



Director: Ignasi López

Duración: 11 min

Ano: 2018

EOS

Esta peza é unha narrativa experimental na tradición de rarezas cinematográficas existencialistas como Baraka, Koyaanisqatsi e Samsara. Invocando metáforas etéreas de "A viaxe do heroe", a través da homenaxe das antigas filosofías orientais e os fenómenos arquetípicos, e reflectida na maxistral ícono do surf longboarding, Kassia Meador. EOS examina a odisea que é a conciencia. O espectador segue a unha muller que está vinculada a unha existencia temporal, mentres se embarca nun éxodo a través das forzas da marea da vida, a morte e unha dualidade metafísica.



Director: Bruce Muller

Duración: 25 min

Ano: 2018

M6NTHS

M6NTHS é unha película empática sobre un animal en cautiverio, que anhela o exterior.
Un animal que comparte con nós a capacidade de soñar, que é intelixente, curioso, social y sensible, e no que podemos recoñocer claramente unha alma. Un animal que pode vivir ata dez anos en liberdade, pero so seis meses baixo o noso coidado.
Sen efectos, voz en off ou presentador, este filme mudará para sempre a túa



Director: Eline Helena Schellekens

Duración: 12 min

Ano: 2018

One breath around the world

ONE BREATH AROUND THE WORLD

Apaga a luz, pon os teus auriculares e mergúllate na miña apnea ao redor do mundo.



Director: Julie Gautier Guillaume Néry

Duración: 13 min

Ano: 2019

CINE E NATUREZA

Cinema-in-the-Woods-006-N451-620x394