HORARIOS

VENRES 28 XUÑO
18:00
ENTREGA ACREDITACIÓNS DE THE WILD RACE
18:00
THE WILD KIDS
Obradoiros
19:00
THE WILD ART
Os últimos artesáns
20:00
THE WILD CINEMA Seleción de filmes nos que as protagonistas serán a natureza, a aventura e a sustentabilidade.
23:59
THE WILD 80´S Festa temática 12 badaladas…e Feliz Aninovo de 1980. Concentración de Michaels Jacksons & Madonnas
SARAO ANIMACIÓN by CRISTIAN DE SAMIL
Flashmob “THRILLER” by Michaels Jacksons.
LA BANDA DE MAZINGER
DISCO 80 by DJ CHARLIE
SÁBADO 29 XUÑO
09:00
THE WILD ART Os últimos artesáns
09:30
THE WILD RACE
11:00
THE WILD EXPO
11:30
THE WILD GASTRO
13:30
THE MIDDAY MUSIC
Sesión Vermút by POVARELO
A POLÉMICA BANDA DOS BECHUCHOS
16:30
THE WILD KIDS
Obradoiros*
17:00
THE WILD EXPO
Faladoiros*
Exposicións das diferentes empresas que forman The Wild Expo
Música: Combo Rainbow
21:00
THE WILD STAGE
· THE BROKE
· LA CHATA SOUL
· DREAMS OF DOLLY SHEEP
· AGORAPHOBIA
· THE SOUL JACKET
03:00
DISCO WILD
DOMINGO 30 XUÑO
09:00
SESIONS DE CHIKUNG E MEDITACIÓN
09:30
THE WILD ART Os últimos artesáns
10:00
ANDAINA SOLIDARIA
11:00
ZONA EXPO
Faladoiros*
11:30
THE WILD GASTRO
13:00
THE MIDDAY MUSIC
Sesión Vermút by POVARELO
MAD MARTIN TRIO
17:00
THE ROCKSTAR STAGE
TNT Band
ROCKSCHOOL by DZetta
RocknMob
20:00
THE WILD END
Cerimonia de clausura

INFO

ENTRADAS

O acceso ó festival será de balde e únicamente se solicitarán as entradas de pago  para os seguintes eventos:

  • The WILD CINEMA
  • The WILD 80´S
  • DISCO 80
  • ThE WILD STAGE
  • DISCO WILD

PRECIO E ADQUISICIÓN DAS ENTRADAS.

As entradas poderanse mercar dos seguintes xeitos:

VENDA ANTICIPADA
  • 1 día - 15€
  • 2 días - 25€

PUNTOS DE VENDA ANTICIPADA
  • La JUAKINA (Vigo)
  • ONDAS DE CANIDO (Vigo)
  • La CANTINA DO LICEO (Vigo)
  • D´SASTRE (Baiona)

VENDA EN TAQUILLA
  • 1 día - 18€
  • 2 días - 30€


¿CÓMO CHEGO O FESTIVAL?

Dispoñemos dun servicio especial de VITRASA con diferentes liñas e horarios especiais para o festival. Mais información aquí

ACTUALIZACIÓN: O sábado e o domingo haberá un primer bus as 8:00 para poder chegar o festival.



ACCESO Ó FESTIVAL

As entradas trocaranse por pulseiras, nos puntos habilitados na entrada principal do recinto.

Coa túa pulseira poderás entrar e saír do recinto sempre que o desexes . Debes conservala durante o día ou o días que asistas ó festival, xa que é a que che dá acceso ás actividades do festival na modalidade de pago.

En caso de perda ou deterioración perderase o dereito de acceso ao festival.

No caso de que alguén non teña pulseira na modalidade de pago, deberá abandonar o recinto ou ben abonar a entrada correspondente.

A organización non garante en ningún caso a autenticidade da entrada se non foi adquirida nos puntos de venda oficiais. A revenda non está permitida en ningún caso.

A entrada é un título ao portador e por tanto a organización non se fai responsable de que ésta sexa utilizada por unha persoa distinta á que apareza no documento como comprador e/ou que sexa falsificada, duplicada ou fotocopiada.

Achándose reservado o dereito de admisión, a Organización poderá denegar o acceso ou expulsar do recinto, aquelas persoas , que  incumpran as indicacións dos organizadores, así como no caso de que poida racionalmente presumirse que se vai a crear unha situación de risco ou perigo para a propia persoa ou outros asistentes, de alboroto, ou por estados de intoxicación aparente ou potencial.

O acceso aos espazos con aforo limitado realizarase por orde de chegada ata que estea completo

Non se admite devolución de entradas unha vez adquiridas.



ZONA DE ACAMPADA

THE WILD disporá de zona de acampada delimitada e regulada pola Organización.

A zona de acampada será únicamente para os asistentes que dispoñan de ABONOS DE 2 DÍAS.

O acceso á devandita zona, será a partires das 16:00 h. do venres día 28/07/2019 e ata o domingo 30/07/2019 as 20:00 h (hora de saída)



MENORES DE IDADE EN THE WILD

Os menores de 14 anos non pagarán entrada. Os menores con máis de 14 anos terán que abonar a entrada igual que un adulto.

Os menores de idade, poderán acceder ós concertos de THE WILD, quedando en todo caso prohibido o consumo de alcol e tabaco , e podendo procederse á expulsión do menor que infrinxa ditas prohibicións.

A Organización do Festival se reserva a facultade de solicitar o DNI ou pasaporte que acredite a idade do asistente á entrada do recinto ou posteriormente dentro do mesmo.

Os menores de 16 anos deben ir acompañados polos seus pais ou un titores. Os titores deberán levar a documentación que os identifique como tales.

Durante a súa estancia no recinto, o acompañante será responsable de calquer acción que o menor realice. Se o acompañante non é o pai, nai ou titor legal, deben levar unha autorización de asistencia por parte do pai, nai ou titor legal, acompañada de fotocopia de DNI, libro de familia ou pasaporte de ambos.



ACCESIBILIDADE EN THE WILD

THE WILD contará con zonas e espacios acondicionados ,así como persoal ,para a atención e asistencia de persoas con movilidade reducida.



POSTER-A1-visualizar
PROGRAMA-A1-visualizar